in

Escena Galega promove en Tui unha rede de circulación transfronteiriza con Portugal

PonteInternacionalTuiValença |
Neste encontro presentarase o esbozo da proposta dunha Rede de Circulación Transfronteiriza de Espectáculos de Artes Escénicas entre Galicia e o Norte de Portugal.

 

Tui acolle hoxe mércores, 16 de outubro, o encontro de axentes culturais de Galicia e Portugal promovido por Escena Galega, a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas.

Dende as 10:30 na Área Panorámica participarán na reunión técnicos e responsables de Cultura do Concello de Tui, da Agadic e da Direção-Geral de Cultura do Norte, DGCN, e das cámaras municipais de Braga, Maia, Póvoa de Varzim, Valença, Viana do Castelo e Vila Nova de Famaliçao, e dos Teatros Municipais de Porto.

Nesta reunión Escena Galega presentará o esbozo da proposta dunha Rede de Circulación Transfronteiriza de Espectáculos de Artes Escénicas entre Galicia e o Norte de Portugal. Un proxecto que xurdiu dos anteriores encontros celebrados en Pontevedra e Viana coa participación de axentes culturais tanto privados como institucionais de Galicia e do Norte de Portugal.


Publicidade

Así no encontro que se vai celebrar en Tui búscase por parte dos promotores dar unha visión clara do proxecto e atopar intereses comúns entre concellos e institucións que permitan establecer parceiros cos que artellar e dar nacemento á proposta. Explorarán amais as posibles vías de financiamento tanto estatais como europeas e determinarán cos parceiros os seguintes pasos a dar para a concretar o proxecto.

Como exemplo darán conta da experiencia de intercambio de artes escénicas que Escena Galega está a desenvolver con Asturias, Cantabria e Pais Vasco baixo o título de Camiño Escena Norte.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

CCGManuelLemos |

Mercedes Suárez deixa a dirección do Centro Coreógrafico Galego

Armazenados |

Teatro Art’Imagem presenta ‘Armazenados’ en Vigo