in

Carlos Labraña no Ciclo SGAE de Lecturas Dramatizadas

Carlos Labraña

O vindeiro xoves 14 de novembro, ás 20:30, na Sala Germán Coppini da Fundación SGAE en Compostela, terá lugar unha lectura dramatizada de Estrelecer, de Carlos Labraña, interpretada por María Barcala, Sonsoles Cordón, Dunia Díaz, Mónica García, Paula Sanmartín, Iria Sobrado e Arantza Villar.

Labraña, un dos nosos dramaturgos máis premiados, entrega en Estrelecer unha historia negra onde nada é o que parece: en realidade, todo é moito peor do que parece. Unha historia de medo, en que cada sombra agocha unha pregunta. Un grupo de amigas atópanse pola noite nunha casa especial. Semella que nela non habita ninguén. Pero hai unha estraña muller que parece que trae a morte con ela.

A lectura enmárcase dentro do XXIII Ciclo SGAE de Lecturas Dramatizadas, que leva a dramaturxia contemporánea máis actual a sete cidades do Estado. Organizado por iniciativa do Consello Territorial da SGAE en Galicia e a Fundación SGAE, coa colaboración da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, ten como obxectivo promocionar os autores e as autoras para a difusión das súas obras, así como apoiar a dramaturxia e estimular a creación de textos en galego.

 


Publicidade

O autor

Carlos Labraña naceu en Cedeira en 1969. Fundou en 1988 o Colectivo Garola, dedicado á creación e montaxe de pezas de teatro infantil. Con eles participou na escrita de varias pezas dirixidas ao público máis novo, das que podemos salientar: O segredo de Daniel e A escada, ambas as dúas gañadoras do Certame Xeración Nós. Máis adiante, continua a escrita de maneira individual ou en colaboración cos seus irmáns Antón e Sabela con pezas como: O teatro dos soños; Indo para o Samaín, baseada na festa das cabazas; Os sons da buguina, finalista do Premio Meiga Moira; Teatro de xoguete, Premio Estornela; e Espantallo, Premio O Facho; A pequena compaña (VIII Premio Estornela de teatro para nenos, 2014) ou Moito morro corporation, Sociedade Ilimitada (Premio á mellor obra de teatro da Gala do Libro Galego no 2017).

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Patricia De Lorenzo XOgraresa

Patricia de Lorenzo recibiu o título de Xograresa de Outono no FIOT de Carballo

Irene Vecchia Pulcinella

Descentralización e recuperación dos monicreques tradicionais no Festival Titiriberia