in

Galaxia publica a ‘Obra dramática’ de Andrea Dunbar

Andrea Dunbar
A Editorial Galaxia vén de anunciar a publicación dun volume que contén a Obra dramática de Andrea Dunbar.

 

Obra dramatica Andrea Dunbar |As tres pezas contidas neste volume presentan a experiencia vital, e real, dun conxunto de mulleres que habitan mundos moi marcados pola violencia, a exclusión e todo tipo de precariedades e carencias.

Recreando a vida cotiá dun fato de rapazas cando mocean, mentres pelexan con pais e nais, ao padeceren violencia de xénero, ou mesmo nese see ir tirando dun día polo outro, Andrea Dunbar tamén configura un duro mosaico da vida diaria de moitas familias acollidas en barrios dormitorio nos anos sesenta e setenta do pasado século, alí onde o paro, a droga e o alcol maiores estragos causou. Por iso as historias que abrollan en cada unha destas tres pezas seguen a ter tanta crueza como actualidade, porque sitúan en primeiro plano o que tantas veces se quere esquecer, agochar ou negar, como tamén o fai a magnífica fotografía de Nick Hedges presentada na cuberta.

Andrea Dunbar (Bradford, Inglaterra, 1961-1990) con quince anos escribiu unha peza breve, The Arbor, estreada en 1980 no Royal Court de Londres, con notable éxito de público, á que seguiran outras dúas con idéntica acollida: Rita, Sue and Bob TooShirley.


Publicidade

En tanto precursora de movemento “In-Yer-Face Theatre” e do “brutalismo” literario, que abrollan en Londres a finais do século pasado, propón porén un drama factual asentado nunha escrita cunha forte dimensión documental, para retratar a vida das xentes máis desfavorecidas e excluídas, aquelas que, como a súa familia, padeceron os rigores da política económica e social dos dobernos de Margaret Thatcher.

Malia morrer moi nova, a súa obra, con só tres pezas, destaca na dramática británica ou europea do século vinte polo seu carácter innovador e crítico

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Jerk brancoenegro |

Jerk

CraveiroPalestras02 |

Palestras de Joana Craveiro na sala Ingrávida do Porriño