in

No confín de… Nerea Brey

Nerea Brey
Nerea Brey é actriz. Na actualidade, protagoniza Despois das Ondas de ButacaZero e vén de estrear Entelequias da compañía Abismo Caracol. | Foto: Miramemira |

 

O libro que tes sobre a mesa de noite.

Teño varios a medio ler: El banquete de Platón, Fragmentos de un discurso amoroso, de Roland Barthes, Final del Juego de Julio Cortázar, El libro de los abrazos de Eduardo Galeano, Demian de Hesse… E a lista continúa ata dez. Se cadra, non debería comezar ningún libro máis polo momento.

A túa banda sonora destes días.

Joaquín Sabina, Bach, Extremoduro, a música do meu violín e algunhas cancións inconfesábeis para pedalear na bicicleta estática.

O último filme que te impresionou.

Recentemente, Le conseguenze dell’amore (As consecuencias do amor) de Paolo Sorrentino. Aínda que se tivese que recomendar un dos seus filmes sería La giovinezza (A xuventude), con Michael Caine e Harvey Keitel.

A obra de arte na que te perderías agora.


Publicidade

Nuit étoilée sur le Rhône (Noite estrelada sobre o Ródano) de Van Gogh, cos pés metidos na auga.

A peza que che gustaría interpretar.

Happy Days. Gústame moito Beckett, especialmente esta obra. Sempre que volvo a ela transmíteme angustia, desacougo, desesperación… Paréceme moi interesante como Winnie se refuxia en accións cotiás para estar ocupada e intentar fuxir desas sensacións. Un pouco como estamos todas e todos nós nestes días.

Unha figura histórica coa que compartir unha caña.

Marie Curie. Nun dos libros que estou lendo, repásanse momentos da súa biografía e iso espertou en min o interese por ela. Admiro moito ás figuras femininas que foron pioneiras nos seus ámbitos, en épocas nas que o tiñan aínda máis complicado. Ademais, creo que ás dúas nos viría moi ben unha caña e un intre de desconexión.

Se non foses actriz, serías…

Psicóloga.

Avatar

Ernesto Is

(Xixón, 1988) É dramaturgo, narrador oral e docente. Premio Abrente (ex aequo) con 'Fendas' e Premio Rafael Dieste con 'Despois das ondas'. Foi seleccionado polo INAEM no Programa Dramaturgias Actuales ('El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas'), no grupo de escrita teatral DramaturXA do CDG ('Onde veñen morrer as baleas') e na bolsa Nuevas Dramaturgias de Euskadi ('Canciones amarillas para flores tristes'). Cofundador da compañía Feira do Leste, coa que estreou 'Exilio das moscas' e 'Tras Tannhäuser' (axudas á Creación Joven do INJUVE). Membro do consello de redacción da erregueté-Revista Galega de Teatro, colabora tamén coa Revista Grial e A Movida de Vigo.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Dark |

Diario de cativerio. Día 23, por Esther Carrodeguas

Juan Rodriguez

Juan Rodríguez, presidente de Escena Galega: “O Xacobeo debe fortalecer as nosas redes e programacións”