in

A ópera ‘A amnesia de Clío’, de Voadora, estrease na televisión o sábado 16 de maio

AamnesiadeClio5 |
Composta por Fernando Buide e escrita polo dramaturgo Fernando Epelde, con Paul Daniel na dirección musical, a estrea absoluta da A amnesia de Clío tivo lugar no Auditorio de Galicia en novembro de 2019.

 

A primeira ópera galega de gran formato do século XXI poderase ver este mes de maio na televisión. A amnesia de Clío, producida por Voadora, estrearase o vindeiro 16 de maio, ás 22:45, na TVG2, no marco dos actos de celebración do Día das Letras Galegas.

Composta por Fernando Buide e escrita polo dramaturgo Fernando Epelde, colaborador habitual de Voadora, A amnesia de Clío conta con Marta Pazos como directora escénica e escenógrafa e con Paul Daniel na dirección musical. O libreto de Epelde propón unha peza contemporánea e cinemática que ten á musa da Historia como principal protagonista dunha viaxe extravagante na que se mesturan a realidade histórica e a ficción política. Clío, George W. Bush e a guerra de Irak forman parte dun espectáculo exquisito que conta cun pé na realidade e outro na distopía.

Publicidade

A amnesia de Clío é una produción da compañía Voadora en coprodución co Consorcio da Música de Santiago a través da Real Filharmonía de Galicia, a Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) e o Centro Dramático Galego, ademais da Asociación de Amigos da Ópera de Santiago. O espectáculo, estreado o pasado mes de novembro no Auditorio de Galicia, conta co apoio da Xunta a través da Consellería de Cultura e Turismo e do Xacobeo 2021, da Deputación da Coruña e dos concellos de Santiago de Compostela e da Coruña.

O público terá a ocasión de gozar deste espectáculo desde a súa casa na noite do sábado 16 a través da segunda canle da TVG, a TVG2, contra ás 22:45. Na xornada seguinte, Día das Letras Galegas, as espectadoras e espectadores terán unha nova oportunidade para ver ópera desde a casa, cunha redifusión que terá lugar arredor da media noite a través da canle principal da TVG.

 

#AMiñaNoiteNaÓpera

Fieis á súa loita por democratizar a cultura e acercar a ópera a todos os públicos, os creadores desta peza moderna en clave feminista queren invitar aos espectadores a gozar coa estrea de forma plena e persoal, preparándose para esta retransmisión televisiva como cando acuden ás salas para gozar ao vivo da representación de calquera espectáculo. Deste xeito, Voadora convida ao público a vivir a experiencia dun xeito especial e compartir a súa foto de como é o seu ritual para ver a A amnesía de Clío nas redes sociais co cancelo #AMiñaNoiteNaÓpera.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

MariaArmesto |

No confín de… María Armesto

Cultura |

O Goberno central aproba axudas á cultura cun valor de máis de 75 millóns de euros