in

O INAEM fai pública unha Guía de Boas Prácticas para o reinicio da actividade escénica

metz |
O INAEM ven de facer pública unha Guía de boas prácticas para o reinicio da actividade escénica e musical -creada a partir das achegas de distintas asociacións do sector- na que inclúe medidas e recomendacións para retomar a distribución de espectáculos tras a crise sanitaria da COVID-19.

 

Con este documento quérese ofrecer ás institucións culturais, teatros, auditorios, empresas de produción e exhibición de artes escénicas, ás compañías e aos colectivos artísticos unha serie de medidas básicas de prevención e protección, ademáis de recomendacións xerais de seguridade de cara ao reinicio da actividade artística nos recintos pechados e para os espectáculos de rúa.

Algúns puntos a destacar do documento son:


Publicidade

  • Cada institución, espazo escénico, operador, colectivo artístico ou compañía deberá avaliar os riscos laborais existentes no seu lugar de traballo e para a actividade artística, incorporando as medidas preventivas relativas ao novo risco de contaxio e transmisión pola Covid-19. Recoméndase a participación activa dos colectivos implicados. Nunha nota sinálase: “As medidas que propoña o servizo de prevención deberán ter en conta que estas sexan compatibles coas tarefas que os traballadores realizan e, xa que logo, é recomendable contar coas propostas tanto da dirección artística coma do responsable de produción”.
  • A propagación da Covid 19 prodúcese, segundo a guía, “mediante o contacto con outra persoa xa infectada polovirus a través das gotículas procedentes do nariz ou a boca cando o infectado tuse ou exhala. Estas gotículas caen sobre os obxectos e superficies que rodean á persoa, de tal xeito que outras poden contraer a enfermidade se tocan estes obxectos ou superficies, e a continuación tocan os ollos, o nariz ou a boca”. Non se mencionan os aerosois como medio de transmisión.
  • Medidas de distanciamento social: Como norma xeral, sempre que sexa posible, traballarase individualmente a unha distancia mínima de dous metros do traballador máis próximo. Se isto non for posible, será obrigatorio o uso de máscara.
  • Cando as medidas de distanciamento social no escenario durante o desenvolvemento do espectáculo non sexan posibles, aconséllase seguir o seguinte procedemento: o responsable da produción, xunto coa dirección artística, detallará as condicións en que se desenvolverá o espectáculo para que o Servizo de Prevención de Riscos Laborais poida realizar unha avaliación dos riscos derivados do mesmo e propoñer as medidas de seguridade necesarias. Nestes casos, con carácter previo ao inicio de cada produción artística, recoméndase que nas avaliacións de riscos se inclúa, de acordo coa Lei de Prevención de Riscos Laborais, a realización ao elenco artístico de recoñecementos médicos obrigatorios en relación coa enfermidade provocada pola Covid-19. Este parágrafo repítese ao longo do documento, e abre a posibilidade de variantes da norma sempre que o Servizo de Prevención de Riscos Laborais o permita.
  • Sobre o público: Cando non sexa posible manter a distancia de seguridade, será obrigatorio o uso de máscaras por parte das persoas espectadoras, segundo o establecido na Orde SND/422/2020 de 19 de maio. O uso de máscaras por parte do público seguirá considerándose moi recomendable en lugares pechados, mesmo cando se poida manter a distancia de seguridade.

O documento completo pode descargarse aquí.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Marcos Alonso | Sala Ártika

No confín de… Marcos Alonso

Ernesto Is, dramaturgo

Obradoiro de escrita dramática en Vigo a cargo de Ernesto Is