in

Obradoiro de escrita dramática en Vigo a cargo de Ernesto Is

Ernesto Is, dramaturgo
O dramaturgo Ernesto Is ofrecerá, do 23 de xuño ao 9 de xullo,un curso de escrita dramática no Auditorio Mar de Vigo da cidade olívica.

 

O obradoiro ofértase a todas aquelas persoas interesadas no teatro –profesionais ou non– e, máis concretamente, na escrita dramática. Desde unha formulación eminentemente práctica, o alumnado coñecerá e traballará na aula con todos os elementos necesarios para a elaboración dunha composición dramática.

O obxectivo principal do curso é desenvolver e potenciar as habilidades creativas das participantes, dotándoas de todas as ferramentas necesarias para o entendemento e comprensión da dramaturxia e orientándoas na creación das súas propias escenas.

Publicidade

As sesións terán lugar os días 23, 25, 29 e 30 de xuño, e 2, 6, 7 e 9 de xullo. A inscrición realízase na páxina web da Concellaría de Normalización Lingüística, cubrindo o formulario Inscrición. Cómpre poñer no asunto: escrita dramática.

 

Ernesto Is

Ernesto Is (Xixón, 1988) logrou o Premio Abrente coa obra Fendas en 2016. Fundador, xunto con César No, da compañía Feira do Leste, estreou con ela dous espectáculos: O exilio das moscas e Tras Tannhäuser, obra seleccionada no Programa de Creación Injuve. En 2017 foi seleccionado dentro do VI Programa de Desarrollo de Dramaturgias Actuales con El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas. Gañou o XVII Premio Rafael Dieste de Teatro con Despois das ondas, unha peza teatral na que recupera a memoria histórica a través da grande actriz galega exiliada en Francia, María Casares, posta en escena por ButacaZero con dirección de Xavier Castiñeira. En 2018 participou no Grupo de traballo DramaturXa promovido polo CDG, coa obra Onde veñen morrer as baleas.

Na actualidade, traballa no proxecto Canciones amarillas para flores tristes, seleccionado para se desenvolver dentro do programa Nuevas Dramaturgias de Euskadi, coordinado por Teatro Arriaga Antzokia (Bilbao), Teatro Victoria Eugenia (Donostia Kultura) e Red Municipal de Teatros-Teatro Principal (Vitoria).

É un colaborador habitual da erregueté | Revista galega de Teatro, na que publicou, no número 85, O ceo baixo Berlín.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

metz |

O INAEM fai pública unha Guía de Boas Prácticas para o reinicio da actividade escénica

Thesaurus

A danza volve á escena co Festival de Primavera de TRC Danza, no Rosalía de Castro da Coruña