in

A segunda edición de Camiño Escena Norte celebrarase en setembro e outubro

CamiñoEscenaNorte |
Seis compañías asturianas, cántabras e vascas daranlle forma á carteleira galega desta iniciativa, mentres que dúas galegas actuarán nesas tres comunidades.

 

Camiño Escena Norte celebrará a súa segunda edición entre o 13 de setembro e o 11 de outubro. Mondoñedo, Lugo, Ribadeo, Sobrado dos Monxes, Vilalba, Arzúa e Compostela acollerán oito funcións a cargo de compañías asturianas, cántabras e vascas.

A inicitiva está impulsada polas asociacións empresariais de produción escénica das catro comunidades: Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega), Asociación de Empresas de Teatro y Danza de Asturias (EscenaAsturias), Asociación Cántabra de Empresas Productoras de Artes Escénicas (ACEPAE) e Empresas de Producción Escénica Asociadas de Euskadi (Eskena). A ruta histórica do Camiño do Norte vertebra este proxecto interautonómico co obxectivo de facilitar o coñecemento mutuo entre os profesionais e o público destas catro comunidades autónomas, ademais de contar tamén cunha vertente de dinamización social e turística. Na súa segunda edición, búscase así mesmo afianzar o seu papel como ruta cultural para lles amosar aos espectadores a diversidade cultural, lingüística e de formatos da actual produción escénica galega, asturiana, cántabra e vasca.

Na súa segunda edición, Camiño Escena Norte volverá articular as súas actividades arredor de dous eixos: o Itinerario Constelacións e o Camiño Expandido. O primeiro deles suporá a realización en Galicia de oito funcións a cargo de compañías asturianas, cántabras e vascas, ao tempo que dúas formacións galegas terán a oportunidade de presentar os seus traballos nas outras tres comunidades participantes.


Publicidade

Pola súa banda, Camiño Expandido ofrecerá unha serie de actividades paralelas para explorar as relacións co público e novas posibilidades de intercambio profesional, así como para favorecer a reflexión no marco deste sector.

A Xunta de Galicia e a organización do programa asinaron o pasado 10 de xullo un convenio polo que o Goberno Galego participa no financiamento do encontro, cedendo ademais o Salón Teatro de Compostela como unha das súas sedes.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

CDG AGADIC

O CDG inicia o proceso de selección de elencos das súas tres próximas producións

PaulaCarballeiraCangas |

Por moito que chova e vente, por Paula Carballeira