in

Comeza en Lugo ‘Cartografía en movemento’

Set de Paula Quintas
O festival organizado pola asociación cultural 3monos comeza hoxe coa presentación do libro El público está aquí de Sabela Mendoza.

 

Hoxe comeza unha nova edición do festival Cartografía en Movemento 2020. “Nunca deixes de bailar” é o lema para a súa novena edición, un lema para lembrar tamén neste momento incerto que vivimos. Semella que as circunstancias desafían a concepción mesma dun festival que tivo sempre por fin o de desautomatizar a nosa relación cos espazos da cidade a través das artes.

O programa é o seguinte:

VENRES 30 de OUTUBRO

19.00_Presentación do libro El público está aquí de Sabela Mendoza. Casa do Saber

Sabela Mendoza presenta o volume O público está aquí, un traballo de investigación a cabalo entre a teoría e a práctica que se da a coñecer ó público como combinación de ensaio poético e conferencia performativa. Para reservar entrada escribir un correo a [email protected] co nome completo ( aforo limitado a 20/30 persoas)

 

SÁBADO 31 de OUTUBRO

10.00-14.00 Taller con Andrés Corchero. Body Weather. Hotel Méndez Núñez

Hai 10 prazas gratuitas para corpos danzantes que serán reservadas por rigurosa orde de inscrición. O prazo para a mesma comeza mañá, domingo 25, ás 17 e remata o xoves 29 ás 16h. Se estás interesad@ escríbe a [email protected] enviando o teu nome e apelidos, DNI e teléfono.


Publicidade

19.00 A alma de Cartografía. Baixos da Praza Maior.

Experiencia participativa nun espazo seguro no que o movemento, a liberdade e a capacidade de decisión -moverse, mirar a un lado ou a outro, estar quedo, dar as costas ou saltar- serán os elementos que nos permitan cartografar a cidade este ano. Se queres participar nesta experiencia enche o formulario que presentamos a continuación, xa que o número de participantes está limitado por aforo.

 

DOMINGO 1 de NOVEMBRO

13.00-14.00 SET de Paula Quintas e In the middle of the night de Rebeca Carrera no Mercado Quiroga Ballesteros

Esta peza é unha excusa para buscar a felicidade, para intentar atopar a través da danza, a liberación do corpo e da mente. Para danzar cos teus medos. Para atopar o placer, o xogo e a desinhibición.

Desinhibición: Comportamiento da persoa que perdeu a vergoña ou o medo que lle impedía actuar de acordo cos seus sentimentos, desexos ou capacidades. Diccionarios Oxford

Interpretación e coreografía · Rebeca Carrera Músicas· Elena Casanueva “Eskarnia” e Pablo Contreras. Dramaturxia e dirección escénica · Rebeca Carrera.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Carabela | Galeatro

Comeza a XVI Mostra de Teatro de Malpica

Raul Dans

Positivas publica ‘Só un home bo’, de Raúl Dans