in

A Xunta abre nova convocatoria do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021

II Fondo Proxectos Culturais Xacobeo 2021

Na primeira edición programáronse a través do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 preto de 400 actuacións escénicas ou musicais. O prazo para participar nesta edición abrirá o luns 8 de marzo e estará operativo durante un mes.

A Xunta presenta unha nova convocatoria do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 cun incremento no seu orzamento ata os 3M€. Trátase dun programa impulsado polo Goberno autonómico no marco do Plan de Reactivación cultural co obxectivo de apoiar ao tecido cultural e inxectar liquidez nas empresas ao tempo que se configura unha oferta en galego, ampla, plural e de calidade.

Nesta edición, se incrementa tamén a axuda que poden conseguir os beneficiarios, pasando de 10.000€ a 15.000€ no caso de empresas, cooperativas, autónomos con persoal contratado ou entidade sen ánimo de lucro con persoal contratado, e de 4.000€ a 6.000€ no caso dos autónomos sen empregados e empresas unipersoais. Outra das novidades deste ano é a diminución nos prazos de presentación co obxectivo de ofrecer un apoio inmediato ao sector e inxectar liquidez nas empresas o antes posible.

O titular de Cultura, Román Rodríguez considera que esta nova edición “continuará funcionando como un dos piares básicos da reactivación cultural” e precisou que na primeira convocatoria “programáronse a través deste fondo preto de 400 actuacións escénicas ou musicais”.


Publicidade

Proxectos presenciais, virtuais e materiais

Tal e como ocorreu na primeira edición, poderán acceder a esta convocatoria todas as ramas do sector cultural con proxectos presenciais, virtuais, materiais ou unha combinación de varias opcións que se vaian realizar antes do 15 de decembro de 2021. Todo isto coa finalidade de favorecer a adquisición de creacións dixitais orixinais e inéditas, a realización de espectáculos, representacións teatrais e actividades de pequeno formato e a compra de materiais de diferente índole.

O repositorio de contidos creativos de interese cultural en galego apoiou máis de 350 iniciativas de empresas e profesionais do sector na súa primeira edición. Trátase dunha medida que se puxo en marcha ao abeiro do Plan de reactivación cultural que desde o inicio da pandemia promoveu a posta en marcha de 4.500 iniciativas e que o Goberno galego vén de ampliar cunha nova inxección de 23M€ nestes primeiros meses que repercuten nos sectores audiovisual, escénico e musical, así como no do libro, museos, equipamentos culturais e promoción, entre outros.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Home

Hedwig Dances estrea ‘HOME’ en formato virtual

El nacimiento de la bailara

El nacimiento de la bailarina vieja