in ,

Colectivo Glovo presenta no Ensalle ‘EM·NA’, a súa nova peza

Colectivo Glovo EM·NA
Imaxe de José Marín

O espectáculo da compañía lucense poderá verse os vindeiros días 26, 27 e 28 de marzo na sala viguesa.

O Colectivo Glovo presentará no Teatro Ensalle a súa nova peza, EM·NA, os vindeiros días 26, 27 e 28 de marzo. A compañía luguesa, formada por Esther Latorre e Hugo Pereira, baseou este novo traballo na idea da “acústica subcutánea a través da vibración e do silencio no corpo do outro”.

As creadoras ennmarcan este traballo nunha “fisicalidade contemporánea, espida, crúa e cotiá”, e recoñecen nela unha forte influencia do mundo e espíritu xaponés. “A peza busca entretecer a orde, o caos, a pasividade e o eco da mente proxectado no corpo cambiante. Un ‘momentum’ sobre o tan chea e desbordada que está a mente humana e a necesidade do silencio”.

EM·NA afonda na nosa realidade animal, instintiva e intuitiva.
EM·NA  fala do que o corpo entende. Auto-piratería.

Corpo sensible
Corpo casa
Corpo enigma
Corpo social
Corpo habitado

Ficha técnica e artística

EM·NA, Colectivo Glovo


Publicidade

Creación e interpretación: Esther Latorre e Hugo Pereira
Espazo sonoro: BABYKATZE
Deseño iluminación: Pedro Fresneda
Vestiario: Jandro Villa
Deseño de imaxe: Marcia Vázquez
Vídeo: Adrián González e Dani Rodríguez
Fotografía: Chus Varela
Apoio en xestión: Manu Lago, Galicia Danza Contemporánea
Co apoio de: Teatro Ensalle, Galicia Danza Contemporánea, INAEM, Ministerio de Cultura, Concello Lugo
Colabora: Escola Palimoco
Axuda á creación: AGADIC, Xacobeo 21,  Xunta de Galicia

 

Reserva de entradas

EM·NA Colectivo Glovo |

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Las dos en punto | Voaxa e Carmín

‘Las dos en punto’: As Marías volven camiñar na versión en castelán de ‘Voaxa e Carmín’

Juan Mayorga

Juan Mayorga: “Nos últimos tempos redescubrimos o teatro como o espazo no que podernos escoitar”