in

A Feroz estrea ‘Do pracer e da morte’

A Feroz 2 2 |

Será hoxe ás 19.30 horas na Sala Ártika, en Vigo, onde haberá tamén funcións mañá e pasado á mesma hora.

Neste novo espectáculo a compañía A Feroz quere “falar da obediencia, a autoridade, a curiosidade, a subalternidade, o medo á extinción, a urxencia do desexo, a incerteza e a praga… e, con todos estes elementos, compoñer un fresco dunha humanidade que quizais non mudou moito nos últimos sete séculos”.

Tal e como sinalan, fixérono a partir de “tecer con paciencia as actrices e actores as súas  propias circunstancias con Boccaccio e a súa crónica da Peste, e con El Bosco e as súas delicias inclasificables”; e resumen Do pracer e da morte como “unha danza da morte medieval no aparcadoiro do Carrefour un sábado pola tarde”.

Publicidade

 

Do pracer e da morte, A Feroz:

Texto, dramaturxia e dirección artística: Lorena Conde.
Dirección de escena: Borja Fernández.
Espazo escénico, iluminación, maquetas e vídeo: Montse Piñeiro e José Faro, Coti.
Espazo sonoro: Manuel Abraldes.
Fotografía: Lucía Estévez.
Elenco: Inés Salvado Gontad, Diego Salgado, Bea Romero e Gustavo Freire.

úl

A Feroz |

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Terceiro acto |

O Centro Dramático Galego estrea ‘Terceiro Acto’

In Between

In Between