in

Presentada a programación do 38º Festival de Almada

Festival de Almada
Imaxe de Stephan Vanfleteren || Molly Bloom, Needcompany

A edición de 2021 celebrarase entre o 2 e o 25 de xullo en diferentes espazos da cidade de Almada e de Lisboa. Destaca a forte presenza de creadoras portuguesas no cartel, xunto a figuras internacionais coma Monica Bellucci, Ivo van Hove, Irène Bonnaud, Josef Nadj ou os belgas da Needcompany.

O Festival de Almada presentou a programación da que será a súa 38º edición. A veterana mostra portugesa celebrarase entre o 2 e o 25 de xullo na cidade que a acolle, mais tamén haberá algunhas representacións no Teatro Dona Maria II de Lisboa.

No cartel da 38º edición do Festival de Almada destacan as propostas de creadoras portuguesas coma Rogério de Carvalho e a súa versión do Hipólito de Eurípides, o Viagem a Portugal de Joana Craveiro ou Um gajo nunca mais é a mesma coisa de Rodrigo Francisco, entre outras. Tamén é importante a presenza de artistas internacionais coma Ivo van Hove, a Needcompany de Bélxica, os cataláns Agnès Mateus e Quim Tarrida ou Tom Volf, que dirixe a Monica Bellucci na pel de Maria Callas.

Programa do 38º Festival de Almada

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Políticas

Público, votos, políticas culturais e outras cousas de meter

Maria a Mãe

Maria, a Mãe