in

Iván Villar gaña o Premio Max ao Mellor Intérprete Masculino de Danza por ‘Leira’, de Nova Galega de Danza

Ivan Villar Mejor Interprete Masculino de Danza Premios Max scaled |
Iván Villar, premio Max ao mellor intérprete de danza en 2021, impartirá un dos oito obradoiros.

Os Premios Max das Artes Escénicas, organizados pola Fundación SGAE, celebraron esta tarde a súa XXIV edición no Teatro Arriaga de Bilbao  , na que o bailarín galego Iván Villar obtivo o Premio Max ao Mellor Intérprete Masculino de Danza polo espectáculo Leira, de Nova Galega de Danza. A peza competía tamén ao Premio Max ao Mellor Espectáculo de Danza.

Leira xa fora distinguido, na 36ª edición da MIT de Ribadavia, co Premio do Público ao mellor espectáculo, compartido ex aequo xunto a Hoy puede ser mi gran noche, de Teatro en Vilo.

Leira

O corpo e a terra fortalecen os seus lazos nun espectáculo que nos transporta á dura beleza do traballo no campo. A muller no centro desta conexión telúrica; día e noite, día tras día repetidos nunha inesgotable sucesión de estacións. O sol e a choiva, o vento xeado, as paraxes do clima cru habitados só por unha coreografía humana que baila entre os regos arados da terra. Leira é, tamén, unha alegoría do traballo realizado coas mans, coa valentía do corpo a corpo. A celebración dunha Galicia intemporal e máxica.


Publicidade

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Deja vu 1 |

Déjà vu

FIOT

Primeira finde no FIOT de Carballo