in

Cámara Negra Teatro estrea ‘Repóker de ases’ na sala Ártika

Repóker
Fotografía de Cámara Negra Teatro

O novo espectáculo da compañía dirixida por Carlos Álvarez-Ossorio preséntase na sala viguesa os tres días desta fin de semana ás 20.00 horas.

Benvidos á reunión de catro amigos. O lugar? O soto da Biblioteca Nacional. O motivo da reunión? Despedirme deles e xogar unha derradeira partida de póker. O motivo do adeus? Que estouparei en anacos, dentro de vinte catro horas exactas, todo o edificio.

Con esta suxerente sinopse, Cámara Negra Teatro presenta Repóker de ases na sala Ártika de Vigo. O novo espectáculo da compañía compostelá, que poderá verse esta fin de semana no espazo da viguesa Avenida de Beiramar, parte dunha dramaturxia de Paco de Luna e Carlos Álvarez-Ossorio a partir da novela do propio Luna, quen tamén protagoniza a peza.


Publicidade

Repóker de ases é un canto á amizade e un berro de odio desgarrado cara os opresores do pobo. Drogas, punk e Rock and Roll para despedirse dos soños que tivemos, dos amigos e de todos aqueles miserables que esnaquizaron as vidas de millóns de seres humanos. Un solo escénico de Paco de Luna, con música de Jasio Velasco e dirección de Álvarez-Ossorio.

Preme aquí para mercar as entradas na web da sala Ártika

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Memoria

ESAD de Galicia e Deputación de Pontevedra convocan a segunda edición do certame ‘Microteatro da Memoria’

Confrontación

A confrontación do ser humano como punto de partida para o cambio