in

Os Microefectos Dramatúrxicos voltan ao Clavicémbalo de Lugo

Microefectos Dramatúrxicos. Clavicémbalo Lugo. Foto Pepe Saavedra.
Microefectos Dramatúrxicos. Clavicémbalo Lugo. Foto Pepe Saavedra.

Logo de tres meses dende a sesión de decembro os Microefectos Dramatúrxicos regresan ao Clube Clavicémbalo este xoves, venres e sábado en pases de 20:30 e 22:30. Nesta sesión van presentarse catro pezas novas.

Os billetes poden mercarse a través da plataforma dixital Woutick, clicando aquí. En cada pase haberá setenta entradas disponibles a vender online e vinte na billeteira.

O grupo, que cumprirá nove anos durante este mes de maio, pon en escena pezas teatrais duns 15 minutos de duración nas que contan historias da vida para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual, que cada tres meses practicamente completa o aforo do Clavi.

PEZAS

Viaje al borde de la tierra – Parte 1 Escribe e dirixe: Pepe Saavedra. Interpretan: Raquel López Cendán, Anxo Manoel, Elvira Velasco e María Grandío.


Publicidade

Fiera de serie – El último afilador vivo Escribe e dirixe: Brian Rodríguez. Interpretan: Brais García, Brian Rodríguez, Anxo Manoel, Conchi Madrina e Elvira Velasco.

Helsinki Escribe e dirixe Raquel López Cendán. Interpretan: María Grandío, Anxo Manoel e Raquel López Cendán.

Viaje al borde de la tierra – Parte 2 Escribe e dirixe: Pepe Saavedra. Interpretan: Raquel López Cendán, Anxo Manoel, Conchi Madrina e Brais García.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fusilados e represaliados no 1936

Inversa Teatro estrea ‘O Péndulo’ dentro da programación de Vigocultura

Presentación do programa REGA 22. Foto Comunicación da Consellería de Cultura, Educación e Universidade

A Xunta abre as Residencias Artísticas do Gaiás, REGA 22