in ,

Nigrán acolle unha nova edición do Festival Transfronteirizo de Teatro Amador PLATTA

Maldita burocracia. Teatro ecos de cena scaled |
'Maldita burocracia'. Teatro Ecos de Cena.

Entre os días 17 e 19 de xuño celebrarase na localidade pontevedresa de Nigrán unha nova edición do Festival Transfonteirizo de Teatro Amador PLATTA, que está composto pola Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA), Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana/TEIA-Teatro em Iniciativa Associativa, a Federación de Grupos de Teatro Aficionado de Castilla y León (FETACYL) e a erregueté. Contan, nesta ocasión, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia, e o Concello de Nigrán.

No Auditorio de Nigrán poranse en escena 3 obras que representarán a cada unha das federacións. Mañá, venres 17 de xuño, abrirá esta serie de actuacións o grupo pertencente á federación anfitrioa, Avelaíña Teatro con Dominó celeste ou “Que vai ser de ti, Ernesto”, unha traxicomedia escrita por Doro Piñeiro. O sábado 18 de xuño é a quenda do grupo castelá-leonés, Tramando Teatro, da Asociación Cultural Cimbalaria que, curiosamente, porá en escena o texto do galego Santiago Cortegoso, 0´7% Molotov. Finalmente, o grupo portugués actuará o domingo coa comedia, O aniversário do casamento, de Fernando Pinheiro.

Outra das actividades que se van desenvolver neste festival son as lecturas dramatizadas dun texto publicado pola erregueté. Nesta ocasión terase a oportunidade de escoitar en castelán, portugués e galego, Os doces anos da guerra (RGT nº 29), da autora galega falecida en 2004, Luísa Villalta, muller á que A Sega dedica este ano o Día das Galegas nas Letras.


Publicidade

As actividades rematan coas Mesas PLATTA, mesas onde se organizan os próximos encontros, como o de Viana do Castelo que se realizará entre os días 16 e 18 do mes de setembro.

El lindo Don Diego. Teatro Arcon de Olid scaled |
‘El lindo Don Diego’, de Teatro Arcón de Olid

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Quico Cadaval Bar Borriquita 513dd08 5k |

O Festival Atlántica desvela o programa da súa décima edición

Nohorizontes 1 David Rodas |

Nohorizontes