in

ButacaZero, Kirenia e Olivas Negras nos Cruzamentos de creación do Camiño Escena Norte 2022

Camiño Escena Norte
Sonsoles Cordón en 'Epiderme', proxecto de partida de 'DERMA', novo traballo de Olivas Negras
O elixiu ás compañías que participarán no programa Cruzamentos, a rede de estancias de creación escénica deseñada para promover o intercambio artístico e profesional entre compañías de Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi. A través desta iniciativa, as compañías residentes teñen a oportunidade de compartir experiencias e recibir asesoramento por parte de compañías locais sobre a posta en escena dos seus proxectos. 
Nesta cuarta edición do Camiño Escena Norte, Cruzamentos desenvolverase entre o 11 de agosto e o 10 de setembro, previo ao inicio do circuíto Constelacións, e contará coa participación de tres compañías galegas: ButacaZero, Kirenia Danza e .

En Galicia desenvolverase a proposta de ButacaZero e Hika Teatroa (Euskadi) para abordar Iribarne, o novo proxecto da compañía galega. En Asturias, a proposta seleccionada procede da compañía local Producciones Nun Tris, que conviradá a Kirenia Danza para investigar arredor do Voo de andoriñas/Vuelu d’andarines. No caso Cántabro, a galega Olivas Negras exercerá de compañía residente coa súa obra DERMA e contará coa formación local Espacio Espiral. Por último, en Euskadi desenvolverase a estancia proposta por Teatro del Cuervo (Asturias) coa compañía vasca Teatro Gorakada. Neste intercambio abordarase o proxecto ‘El otro libro de la selva’, unha coprodución de Teatro del Cuervo, Pájaros Pintados e Realidad Traviesa.
Os espazos cómplices dos Cruzamentos de Camiño Escena Norte neste 2022, repartidos polos catro territorios, son: Cidade da Cultura de Galicia, Auditorio Municipal de Negreira, Pazo da Cultura de Carballo, Laboral Ciudad de la Cultura (Xixón), Enclave Pronillo-Fundación Santander Creativa (Santander), Teatro Antiguas Escuelas de Orejo (Marina de Cudeyo), e o Centro de Innovación en Produción Escénica Harrobia Eskena (Bilbao).

Unindo ás Escolas de Arte Dramática

Outra das grandes novidades desta edición é Camiño Escola, un programa de colaboración entre CEN e as Escolas Superiores de Arte Dramática (ESAD) de Galicia e Asturias e a de Arte Dramática e Danza de Euskadi, Dantzerti. A iniciativa enmárcase no programa estatal ‘ESAD en Red’, que traballa para fortaceler os vínculos entre os centros das comunidades autónomas. Con Camiño Escola, o alumnado de Arte Dramática entrará en contacto coas e cos profesionais en activo que interveñen en Camiño Escena Norte 2022 a través de encontros, obradoiros de diversas disciplinas artísticas e prácticas que lles permitarán coñecer, de perto, un día de traballo dentro dunha compañía.

Cuarta edición de CEN

Camiño Escena Norte naceu en 2019 co obxectivo de promover o intercambio cultural a través das artes escénicas, tomando como referencia e fío condutor a ruta histórica do Camiño de Santiago do Norte. Desde os seus inicios, CEN levou o teatro e a danza a escenarios periféricos, alonxados dos circuítos habituais, ofrecendo así a posibilidade de acceder a cultura e públicos de municipios e localidades que dificilmente poden programar este tipo de espectáculos; á vez que facilita as compañías seleccionadas en cada edición o acceso a novos espazos ou escenarios nos que desenvolver a súa creatividade.

CEN é unha iniciativa promovida polas propias asociacións profesionais de produtoras de artes escénicas Escena Galega (Galicia), EscenAsturias (Asturias), ACEPAE (Cantabria) e Eskena (País Vasco). Todas elas únense na supraentidade Camino Escena Norte Agrupación de Interés Económico, creada especificamente para o desenvolvemento, xestión e produción deste proxecto.

CEN conta co apoio económico prioritario da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). Tamén colaboran o Goberno de España a través do Ministerio de Cultura e Deporte e do INAEM, a Deputación de Lugo e o ente provincial da Coruña. Neste 2022, ademais, Vegalsa-Eroski mantense como patrocinador oficial, cunha achega económica maior, reforzando así o seu compromiso e aposta por un proxecto que promove o intercambio cultural entre territorios do norte da península. 
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

GIPHY App Key not set. Please check settings

    Sonámbulo de Antón Coucheiro

    Fran Sieira, Marta Alonso Tejada e Antón Coucheiro: a proposta galega do Camiño Escena Norte 2022

    'Yellow Lemon' de Xián Martínez Miguel. Fotos: Guillaume Guardia e Máxime Còte.

    Danza cítrica