in , ,

Menu-do día ǀ 39ª MITCFC

290718526 10226407837759467 5266769492653503515 n
Imaxe de Afonso Becerra

Crash!… Boom!… Bang!

Co gallo do 28 de xuño, día internacional do Orgullo , tivemos a ocasión de asistir á presentación de Menu-do día do colectivo #CHAMIZOBELLOVILA na Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, que tivo lugar no adro e interior da recuperada Capela do Hospital. Cómpre dicir que, contra o prognosticado no programa, fixéronse dous pases seguidos para dar cabida a todo o público que alí nos congregamos para o acto.

Menu-do día é unha peza en evolución, un work in progress de estilo performativo que nace da agresión homófoba sufrida por Alberte Bello no mes de outubro de 2021 en Vigo. Esta agresión brutal e sen sentido espertou a conciencia de todas as agresións que o artista (e todas as persoas LGTBIQ+) leva(mos) sufrido na vida.

A violencia normalizada, o insulto cotiá, o desprezo constante, resultan revulsivo e convértense en labazada cara ao público, de tal xeito que o público xeral (que se cadra viña ver o acto pensando que sería unha mostra máis cómica) viva, aínda que sexa só por un intre, un anaco do que nós vivimos cada día.

PUBLICIDADE

A presentación deste traballo, cuxa primeira parte foi amosada no ciclo de Teatro Mínimo Ambulante de A Coruña en decembro do ano pasado, comeza cunha evocación á fraxilidade, co artista envolto en etiquetas de “FRÁXIL” e calzado nuns zapatos de tacón que nos axudan a lembrar o difícil que é manter o equilibrio no noso camiñar cotiá. Dende aí, Bello presenta unha sucesión de agresións que baten tanto sobre el mesmo como sobre o público: engulir unha chea de bananas (representación fálica relacionada co clixé do home homosexual que se vende no mercado hetero-normativo), o emprego do espazo sonoro (cun volume atroador que evoca o ruido ao que se cadra xa estamos afeitxs), ou as manifestacións discriminatorias por parte de suxeitos que utilizan os medios para espallar o seu odio (e emprego o xénero masculino sendo consciente de que tamén aparecen declaracións de persoas de sexo feminino).

Se cadra é por iso que a metáfora do “crash test dummie”, o boneco que se emprega para analizar os riscos dos accidentes de tráfico e do que se reviste Bello durante a performance, resulte tan acaída como representación do que sentimos as persoas do colectivo LGTBIQ+, afeitxs a un sistema que nos agrede dende que nacemos, con persoas que negan a nosa propia existencia e os nosos dereitos.

O colectivo , coa dirección conxunta de e Diego Chamizo, así  como a asistencia sonora, técnica, escénica e adiovisual de David Vila, presentan con Menu-do día  un acto de resistencia, un manifesto de conciencia humana e disidencia política, no que o dummie abaneado polo sistema, prato de menú diario para os agresores homófobos (e emprego de novo conscientemente o xénero masculino), fai un acto de rebeldía apodereándose da súa propia vida.

PUBLICIDADE

Este acto consciente, no que entendemos que, sen ben non somos quen de evitar unha agresión, temos sempre nas nosas mans a nosa capacidade de decisión, resulta nun dos xestos máis conmovedores que teñamos presenciado nos últimos tempos: a decisión de, no caso de volver a nacer, ser exactamente a mesma persoa que somos hoxe.

E non hai decisión máis apoderante que esa.

Nós, ficaremos atentxs á evolución desta peza e a novas datas de presentación do seu resultado.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE

Menu-do día, #CHAMIZOBELLOVILA

Dirección: Diego Chamizo e Alberte Bello

Performer: Alberte Bello

Espazo sonoro: David Vila e Diego Chamizo

Figurinos e Vestiario: David Vila e Alberte Bello

Textos: Roy Galán, Alberte Bello e Diego Chamizo

Técnicos audiovisuais: David Vila e Diego Chamizo

Fotografías e Vídeo: Carlos Babío

Produción e Distribución: Colectivo #CHAMIZOBELLOVILA

 

Capela do Hospital, Cangas do Morrazo. 28 de xuño de 2022.

array(4) { [0]=> string(5) "26225" [1]=> string(5) "26228" [2]=> string(5) "26226" [3]=> string(5) "26227" } string(103) "SHORTCODE: [gallery mace_type="lightbox" mace_title="Your gallery title" ids="26225,26228,26226,26227 ]"
Avatar

Iván Fernández

Actor, director, dramaturgo e profesor de teatro. Alumno da ESAD de Galicia. O meu eido profesional abrengue o teatro en moi diversos aspectos, dende a docencia con menores e adultos ao campo terapéutico, atopando o teatro como un lugar onde mellor coñecerse a un/he mesmx. Dende este aspecto, creo os obradoiros de Teatro Emocional en 2013 ou comezo a colaborar con impresións e crónicas sobre espectáculos co blog Praza Pública.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará

GIPHY App Key not set. Please check settings

    Papagena de ButacaZero e Iago Hermo

    ButacaZero ensaia ‘Papagena’ coa que dan o salto á ópera electrónica

    7 Hoy puede ser 19

    Volve o festival Castelo Conta de Culleredo