in

Cruzamentos de Camiño Escena Norte abre o prazo de presentación de solicitudes

A terceira edición do programa ofrece cinco estadías de intercambio

Camiño Escena Norte
Sonsoles Cordón en 'Epiderme', proxecto de partida de 'DERMA', de Olivas Negras, que participou na pasada edición de Cruzamentos

A rede de estadías de intercambio escénico, artístico e profesional Cruzamentos de Camiño Escena Norte vén de abrir o prazo para a presentación de proxectos de intercambio ata o martes 9 de maio ás 14.00 horas. A terceira edición desta iniciativa dentro da programación do Camiño Expandido de Camiño Escena Norte desenvolverase a través de cinco estadías entre o 17 de agosto e o 18 de outubro de 2023.

Cruzamentos establece un tecido de espazos cómplices ao longo das cinco comunidades autónomas participantes no proxecto (Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra), a través de oito sedes que posibilitan unha rede de estadías profesionais que pretenden conectar o traballo de creadores e creadoras e compañías dos cinco territorios, nos ámbitos da creación, a investigación escénica, formación, coprodución e en xeral do intercambio profesional no marco deste novo territorio común creado a partir do proxecto.

O Salón Teatro do Centro Dramático Galego e o Auditorio do Milladoiro en Ames (Galicia, en residencia combinada), o Laboral Ciudad de la Cultura (en Asturias), a Fundación Santander Creativa e o Palacio de Festivales de Cantabria (en residencia combinada), o Centro de Innovación en Produción Escénica Harrobia Eskena (en Euskadi);  e o Centro Huarte de Arte Contemporánea e o Civivox Iturrama en Pamplona (en residencia combinada) serán os oito espazos que conforman esta rede interterritorial de apoio á creación, intercambio e investigación escénicas.


Publicidade

A Comunidade Foral de Navarra uniuse este ano a esta iniciativa tanto coa posibilidade de que compañías navarras presenten proxecto como con unha das estadías en territorio navarro.  Cruzamentos ten un orzamento de 25 000 € que se repartirán entre cinco proxectos de estadía (un a desenvolver en cada comunidade autónoma), cun acompañamento económico de 5.000 € cada un. As compañías participantes poderán traballar en estadías dun máximo de dez días nalgúns dos espazos cómplices, con posibilidade de realizar residencia tanto de tipo técnico en espazos escénicos coa dotación adecuada como estancias de tipo non técnico nas que traballar noutros procesos de creación ou investigación.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Quico Cadaval

O Salón Teatro acolle o espectáculo ‘Quentando motores para Atlántica’

Cris, la pequeña valiente

Tras da pegada dun teatro infantil LGTBQ+