in ,

Arranca o IV Festival Comediártiko

A Sala Ártika acolle esta fin de semana funcións de ‘Cómo ser superwoman y no morir en el intento’

COMO SER SUPERWOMAN
'Cómo ser superwoman y no morir en el intento', de Impulso Teatral.

A cuarta edición do Festival Comediártiko arranca esta fin de semana na Sala Ártika, en Vigo. A primeira peza que ofrece o programa é Cómo ser superwoman y no morir en el intento, da compañía madrileña Impulso teatral, con funcións este sábado e este domingo ás 20.00 horas. O festival desenvolverase ata o 19 de novembro, con sete compañías (Impulso teatral, Chévere, Off Compañía, Teatro Arbolé, Sutottos, Produccions Sala Cero e A panadaría), que achegarán ao espazo situado na avenida Beiramar de Vigo as súas creacións tendo todas elas a comedia como nexo de unión.

Unha peza que honra a muller

“Cando unha cre que non pode máis e que non hai saída, sempre pasa algo no último instante que nos salva. Tocas fondo, si, pero rexordes e con sorte acabas por salvarte de ser unha super woman por imposición”. Con esa sinopse preséntase Cómo ser superwoman y no morir en el intento, a peza que abre o Festival Comediártiko. É “unha viaxe ao pasado, onde as exixencias, valores, culpas e demais demos nos atormentan no presente”, explica Carmen Trueba, a súa autora e creadora, quen tamén actúa na obra, xunto a Susanna Caralt. “Esta obra honra a muller, dende onde todos partimos. Pero, sen dúbida, apenas comezan o espectáculo, vemos que non existen guerras de sexos, nin tampouco imos aos extremos, senón que tentamos rescatar a que está a punto de morrer no intento”, engaden.


Publicidade

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

FIOT32 Presentación Apaga o candil Foto de Vanessa Rábade

O FIOT rende homenaxe ao Xestal coa estrea de ‘Apaga o candil’

Pablo Méndez Performances

‘Sobe aos teus soños’ abre a nova temporada de Vigocultura