in

‘Sobe aos teus soños’ abre a nova temporada de Vigocultura

O Concello de Vigo inaugura esta fin de semana a súa nova programación cultural na rúa do Príncipe

Pablo Méndez Performances
Pablo Méndez Performances

O espectáculo de rúa Sobe aos teus soños: Rock in the Air, de Pablo Méndez Performances abre hoxe ás 20.00 horas a nova programación cultural municipal do Concello de Vigo Vigocultura. A función farase na rúa do Príncipe, ao igual que mañá, á mesma hora, a do espectáculo Psychodelia, de Troula, facendo un percorrido entre o museo MARCO e a Porta do Sol, e as dúas servirán de presentación do novo programa de Vigocultura que se desenvolverá entre os meses de outubro a decembro, e que se vén de dar a coñecer.

A programación arranca esta fin de semana con dous espectáculos de rúa, e logo continuará con diferentes actuacións de diferentes xéneros escénicos para público familiar e público adulto no Auditorio Municipal da Praza do Rei, ao longo dos meses de outubro, novembro e decembro.

Sobe aos teus soños preséntase como “un espectáculo vangardista que combina a destreza acrobática co impacto e magnitude do títere xigante”, e desenvólvese como “unha viaxe que explora o poder da imaxinación, a perseveranza e a superación persoal”, querendo lembrar “que ás veces debemos elevarnos por enriba das nosas limitacións para alcanzar os nosos obxectivos máis audaces”.


Publicidade

Psychodelia, de Troula, preséntase, á súa vez, como un pasarrúas de festa, a ritmo de música psicodélica e cos personaxes convidando a participar da troula.

Consulta o programa completo de Vigocultura para os meses de outubro a decembro

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

COMO SER SUPERWOMAN

Arranca o IV Festival Comediártiko

'Taller de caretas' (1943) de José Gutiérrez Solana. Colección do Museo de Belas Artes de Bilbao.

Jon Fosse, Premio Nobel