in , ,

A 28ª edición do Festival Galicreques arrancou esta fin de semana

Desenvolvése ata o 15 de outubro e mañá comezan tamén as funcións escolares

Vicente el pirata valiente
'Vicente, el pirata valiente', da compañía valenciana La Carreta

O Festival Galicreques, organizado pola asociación Barriga Verde co apoio do Concello de Santiago, a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, o Ministerio de Cultura e Deporte e a Fundación SGAE, arrancou esta fin de semana a súa 28ª edición, que se desenvolverá ata o 15 de outubro, ofrecendo máis de sesenta funcións. A programación iniciouse onte, sábado,  nunha xornada protagonizada polas compañías  galegas Nauta e Títeres Alakrán, a vasca Panta Rhei e a colombiana Los Juglares.

A primeira das actuacións de Galicreques neste ano correu a cargo das compañías galegas Nauta e Títeres Alakrán, que colaboraron para estrear un novo espectáculo de rúa chamado FDCHCHS.

Deseguido, a compañía vasca Panta Rhei estreou a súa peza La Osa Estelar, un traballo que combina música e monicreques. E, posteriormente, a compañía colombiana Arlequín y Los Juglares amosou a súa obra Fábulas, cuentos y canciones para alegrar los corazones, combinando teatro de actor/actriz con monicreques e narración oral.

A programación continuou hoxe en diferentes lugares de Santiago de Compostela, nos que se puideron ver obras como Títeres a cielo abierto, do arxentino Manu Mansilla, un espectáculo familiar que combina varias técnicas de manipulación de monicreques e convida o público a interactuar a través de diversas historias; unha nova función de La Osa Estelar, de Panta Rhei; La Princesa o según se mire, da compañía aragonesa Proyecto Carabana, unha proposta de bonecos de luva; Selkie, a lenda do mar do norte, do galego Luis Vallecillo, un traballo que mestura música e monicreques; e Vicente, el pirata valiente, da compañía valenciana La Carreta, que estreou esta peza que narra a aventura imaxinaria dun neno que cumpre o maior dos seus soños: ser pirata e viaxar ao fondo do mar.

A programación desenvolverase ata o domingo que vén, día 15 de outubro, con funcións xerais cada día, e tamén cunha ampla oferta de funcións escolares.


Publicidade

Programa completo do XXVIII Festival Galicreques

Funcións escolares

O festival arranca mañá, luns, a súa programación escolar, a través da cal máis de 1250 estudantes de 22 centros de ensino primario e secundario asistirán como público ao cartel de representacións preparado dentro do Galicreques para as e os espectadores escolares.

Co inicio este luns da programación escolar, o Galicreques quere afianzar un dos piares fundamentais sobre os que se sustenta este festival dende os seus inicios: “o achegamento ás xeracións miúdas co obxectivo de captar novos públicos”.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

'Taller de caretas' (1943) de José Gutiérrez Solana. Colección do Museo de Belas Artes de Bilbao.

Jon Fosse, Premio Nobel

Circus Magníficus 004

Camiño Escena Norte chega a Viveiro, Carballo, Vimianzo e Portomarín