in , ,

Os Premios María Casares rexistran a maior participación da súa historia

48 espectáculos e preto de 400 profesionais inscribíronse na súa 29ª edición

Gala María Casares 2024 a foto é de Corsino
Gala María Casares 2024. Foto de Corsino.

Os Premios de Teatro María Casares rexistraron este ano a maior participación da súa historia, ao inscribirse 48 espectáculos e preto de 400 profesionais na súa 29ª edición, cuxa gala de entrega se celebrará o xoves 3 de abril no Teatro Rosalía Castro da Coruña. A cifra mellora a rexistrada na edición anterior, cando foron 47 os espectáculos e máis de 350 profesionais os concorrentes. Este novo récord nas inscricións acádase no terceiro ano en que os galardóns incrementaron os seus apartados, xa que no 2023 as bases foron modificadas para ampliar o certame ao crear dúas novas categorías: dirección de movemento e espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas.

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), asociación sindical que organiza os galardóns dende a súa posta en marcha en 1997 coa colaboración tradicional de institucións e entidades como a Xunta de Galicia, o Concello da Coruña, a Deputación da Coruña, o Padroado de Cultura do Concello de Narón, a Fundación Aisge, a Fundación SGAE ou Gadis,  abriu onte, martes, a primeira quenda de votacións, da cal sairá a relación de finalistas que optarán aos 16 galardóns nos que se dividen os María Casares: espectáculo, espectáculo infantil, espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas, dirección, dirección de movemento, actriz protagonista, actriz secundaria, actor protagonista, actriz protagonista, texto orixinal, adaptación-tradución, espazo sonoro, espazo escénico, iluminación, maquillaxe e vestiario.

Preto de 500 persoas pertencentes ao sector escénico están chamadas a emitir o seus votos de forma telemática a través da web da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) até o vindeiro luns 17 de febreiro nesta primeira rolda de votacións. Este censo de votantes está conformado polo corpo asociativo da propia AAAG, por gañadoras e finalistas de edicións anteriores, responsables de programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, xornalistas culturais e outros perfís vencellados á escena galega, segundo deu a coñecer a AAAG. A relación de finalistas darase a coñecer na primeira semana de marzo.

Espectáculos inscritos nos XXIX Premios de Teatro María Casares

 Espectáculo e compañía
1A Cheminea do Apalpador, Jorge Rey Títeres
2A Cuba!, Títeres Alakrán
3A Utópica Rodante ‘De Vilatristre a Vilalegre’, Teatro ó cubo e CDG
4A vendedora de fume, A Cova das Letras
5A vida, un frenesí, Barafunda
6Almar, Coiracho Producións
7Apaga o candil, Contraproducións
8As formas do amor, Verdeveras Expresións Artísticas e CDG
9As gardiás ou o nó do tecelán, Teatro de Ningures
10Boa sorte, mala fama, Tarabela Creativa
11Bulebule, Os Náufragos Teatro
12Cancións amarelas, flores tristes, Manekineko
13Circo de Pinocho, Educateatro Producións
14Cortello de Amor, Amorodio teatro
15Desexo,Talía Teatro
16Eu, Fraude!, Paula Pier
17Gaia Baba, a meiga, Nauta Teatro
18Go Home, Etiqueta Negra Producións
19Hexagonum, Troula
20Historias para unha man, Spaguetti Títeres
21Iribarne, ButacaZero
22María Visitación Consolación Amadora, Loia Producións
23Maruxiña, Aurora Artes Escénicas
24Moby Dick, Pedras de Cartón
25Monstros, Producións Teatráis Excéntricas
26Nada se sabe, Culturactiva Producións e CDG
27Neura, unha comedia neurótico festiva, De Ste Xeito
28Non pasarán, Ártika Cía
29Noso, Os Náufragos Teatro
30O Dragón de Ouro, Sarabela Teatro
31O mundo está roto pero pódese camiñar, Contraproducións
32O Rexurdimento do Divino Sainete, LaGriot’te
33Os actos e as profecías, Centro Dramático Galego
34Os contos do Lobicán, Redrum Teatro
35Pálido Punto Azul, Javier Otero Neira
36Penélope: destecendo o vínculo, Constance Hurlé
37Pum! Pum! Quen hai?, Ártika Cía.
38Rato Pérez, A Xanela do Maxín
39Rogelio III (La fête), Assircópatas
40Romeo e Xulieta. O espectáculo definitivo, Mutismoa Teatro
41Run Baby Run, Meninas Teatro
42Sobre o extravío ou a arte de perderse, Furia Sotelo
43Somos criminais e punto final, Ainé Producións e Condetrespés
44Territórios de liberdade, Tanxarina, Companhia Certa e CDG
45Testosterona, Malasombra
46Tolóptica, Código Azul
47Un gran plan, Olga Abad
48Vía Morta, Culturactiva Producións
Redacción

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Menú-do día, de #ColectivoCBV. Imaxe de zOë viXión.

Menú-do día

'Viagem à Lua' de Federico García Lorca e André Murraças.

Viagem à Lua