in ,

Encontro con artistas en Escenas do Cambio

Este venres 9 de maio ás 13h30 no balcón do hall de tirantes do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura

Estrea de 'Velaiquich amoorch' do Colectivo d'Elas na inauguración do festival Escenas do Cambio 2025. Foto: Manuel G. Vicente.
Estrea de 'Velaiquich amoorch' do Colectivo d'Elas na inauguración do festival Escenas do Cambio 2025. Foto: Manuel G. Vicente.

O Comando Dramatúrxico de Escenas do Cambio organiza un encontro aberto á cidadanía coas compañías e artistas que presentaron os seus espectáculos na primeira xornada do festival: o Colectivo d’Elas, que estreou Velaiquich amoorch; a compañía de danza portuguesa Nuisis Zobop, que fixo a ante-estrea de Fuga para o Tempo Presente. O Leve Poder da Lua Apenas Queima os Olhos; a compañía coreana Chumpan Yamoo, que fixo a estrea estatal de Worn Out; e Reinaldo Ribeiro, que presenta Black Through Red no Bosque de Galicia ás 12h.

No encontro, ademais de artistas tamén intervirán outras persoas relacionadas con esas peza, como as distribuidoras e produtoras, na procura dunha visión plural sobre eses traballos.

O Comando Dramatúrxico de Escenas do Cambio intenta facilitar espazos de reflexión e pensamento en torno ás artes escénicas, ademais de despregar un plan de acción que acompaña os espectáculos, en complicidade con artistas e público(s).


Publicidade

O encontro deste venres, 9 de maio ás 13h30 no balcón do hall de tirantes do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, tamén busca establecer pontes entre as experiencias artísticas que teñen lugar nesta 11ª edición do festival, que xira en torno ao concepto de “lostopía”, vinculando nostalxia e utopía.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Foto: Cía. Elvi Balboa.

Elvi Balboa: “Entendo o corpo como un territorio de exploración crítica e a escena como un espazo onde abrir outras realidades posibles”

'ROLAND MON AMOUR' Imaxe: CDN_©BSP

Cristina Balboa e Roland mon amour