in ,

O teatro une o Porto e Galicia nun novo protocolo de cooperación

Foto: © TUNA TNSJ.
Foto: © TUNA TNSJ.

Teatro Nacional São João e a Axencia Galega das Industrias Culturais/Centro Dramático Galego asinan, o vindeiro día 17 de abril, un protocolo de cooperación que reforza a colaboración entre as dúas institucións culturais. A cerimonia terá lugar no Salón Nobre do Teatro São João, no Porto, ás 15:00 h.

Con sede en Santiago de Compostela, o Centro Dramático Galego (CDG) dedícase á creación e produción teatral, tendo por misión representar os grandes repertorios clásicos e contemporáneos, galegos e internacionais. Á semellanza do Teatro Nacional São João (TNSJ), no Porto, o CDG desempeña un relevante servizo público na dinamización cultural de Galicia.

O acordo agora celebrado parte do entendemento de que unha colaboración entre ambas as entidades será proficua para a defensa e promoción das linguas galega e portuguesa e para o estreitamento das relacións entre o Norte de Portugal e Galicia. Neste ámbito, o protocolo establece o compromiso de desenvolver accións conxuntas nas áreas da produción e exhibición de espectáculos, así como en iniciativas culturais, educativas e formativas.

Principais liñas de cooperación:

  • O desenvolvemento de proxectos de coprodución teatral entre o TNSJ e o CDG, con presentación preferente na rexión Norte de Portugal e en Galicia, nomeadamente nas cidades do Porto e de Santiago de Compostela, podendo involucrar socios nacionais e internacionais.
  • presentación regular, polo CDG, de espectáculos producidos polo TNSJ e, polo TNSJ, de espectáculos producidos polo CDG.
  • A organización conxunta de accións paralelas ou complementarias aos espectáculos, incluíndo iniciativas dos servizos educativos e de mediación, así como accións de formación profesional e artística.
  • acollemento de traballadores de cada institución pola outra, promovendo experiencias formativas e o intercambio de coñecementos.
  • cedencia mutua de material técnico e de acervos de figurinos, aderezos e escenografía.

O protocolo terá unha duración de catro anos. O TNSJ estará representado polo seu director artístico, Victor Hugo Pontes, mentres que o CDG será representado polo seu director, Fran Núñez.

A sesión de sinatura contará coa participación do Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, José López Campos, e do Secretario de Estado da Cultura de Portugal, Alberto Santos.

Foto: Rocío Cibes. CDG/Agadic-Xunta de Galicia.
Foto: Rocío Cibes. CDG/Agadic-Xunta de Galicia.
Redacción

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Insurrección, da Aula de Teatro do Campus de Ourense da UVigo

A 28ª MITEU inaugúrase hoxe en Vigo

WTF!, de AY CARIÑO!, fotografía de Bea Saiáns

O catálogo dixital ‘Danza Galicia’ está dispoñible na súa terceira edición