Catro noites de teatro baixo as estrelas, cunha programación que reúne compañías galegas e unha proposta chegada desde Valencia, é o que está a propor a VII Mostra Internacional Area de Teatro (MIAT). O evento, patrocinado polo Concello da Coruña e pola Deputación da Coruña, e que conta coa colaboración da compañía coruñesa Noite Bohemia e do Club del Mar de San Amaro, estase a desenvolver na praia coruñesa de San Amaro dende o pasado xoves, 9 de xullo, ata mañá, 12 de xullo.
A programación deste ano quere “reafirmar a vocación da MIAT por impulsar o teatro feito na Coruña, apoiar o talento emerxente e achegar ao público propostas escénicas diversas e innovadoras”.
Programa
9 de xullo
- 21:30 h | Concerto inaugural – Noè Rodrigo
- 22:00 h | Helena – Cía. Noite Bohemia (Galicia)
10 de xullo
- 22:00 h | Punto en boca: entre fíos anda o lío – Raquel Crespo, en coprodución co CDG (Galicia)
11 de xullo
- 22:00 h | Bibidibabidibú – As Teimas (Galicia)
12 de xullo
- 22:00 h | Tangana – Kalostro Teatro (Valencia)
- O Centro Ágora da Coruña acolle a I Mostra do Programa de Acompañamento á Creación Escénica (PACE) - 31/07/2026
- NOGA organiza a primeira edición das súas xornadas formativas de narración oral - 30/07/2026
- O Centro Coreográfico Galego coproducirá os novos espectáculos de Paula Quintas, VACAburra e SÖA - 28/07/2026



