in

Vigocultura desenvolve unha programación especial polo 25-N

Pioneiras
'Pioneiras'. Imaxe de Blanca Razquín

Vigocultura organiza esta fin de semana unha programación especial para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que se celebra o 25 de novembro.

A programación comezará o venres, 26 de novembro, co espectáculo Chicas y chicos, da compañía Sol de York. Ao finalizar o espectáculo, e en colaboración coa Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, haberá unha pequena charla-coloquio na que participarán a propia compañía e Cristina Rodríguez Ramos, formadora experta en igualdade e violencia de xénero para o Servizo de Igualdade, e o público asistente que así o desexe.

O sábado 27 de novembro, a compañía iXa Universos do Movemento e Xián Martínez, presentarán o seu espectáculo de danza Pioneiras: The Power of Women. Ao finalizar a función haberá unha pequena charla-coloquio coa compañía e Afonso Becerra, autor do libro Historia da danza contemporánea na Galiza.


Publicidade

O domingo 28 de novembro, a compañía vasca Anita Maravillas realizará dúas funcións para público familiar, ás 12:30 e 18:00 horas, do seu espectáculo Las Cotton, un espectáculo para toda a familia sobre o apoderamento feminino.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Festina Lente

Sobre a necesidade dun teatro comprometido

Drop 1 |

Drop