in

‘Plastic’, de Paula Quintas, no TRC Danza da Coruña

Plastic |

Este sábado, 16 de marzo, e dentro da programación de TRC Danza, Paula Quintas presenta Plastic, unha obra na que a artista aborda a idea do elemento plástico, como obxecto envolvente, así como dos corpos de plástico, “como dunha Barbie, e da liberación dese envoltorio que pode ter a muller”.

Paula Quintas, artista de danza e circo, aposta por abordar o terreo da superficialidade do mundo actual. O corpo como contedor é a primeira premisa desta peza de longo formato que pon o corpo da creadora e intérprete en escena como se dunha Barbie se tratase, baleira por dentro e hermética ao exterior.

O plástico como símbolo do que conserva e almacena para, en definitiva, profundar nas experiencias e emocións que se agochan no interior.

Publicidade

Para esta peza en solitario Paula Quintas confía na directora e coreógrafa Rut Balbís e rodéase de grandes profesionais galegas como o deseñador de iluminación Afonso Castro e a deseñadora de vestiario Fany Bello.

 

Esculturas efémeras. Unha práctica de body-art e movemento.

A partir do proceso de investigación de Plastic da artista Paula Quintas, oas organizadoras de TRC Danza achéganse ao alumnado do Ciclo de Escultura aplicada ao Espectáculo da Escola de Artes e Superior de Deseño Pablo Picasso para levar a cabo unha práctica arredor dos conceptos de escultura efémera e body-art vinculados ás artes do movemento.

Paula Quintas, bailarina, alambrista circense, coreógrafa visual e Licenciada en Historia da Arte, propón nesta práctica dinámicas de diálogo entre a danza e a escultura, facendo unha retrospectiva do body-art a través de artistas de referencia como Orlan, Pipilotti Rist ou Gina Pane.

 Será o mércores 13 de marzo, de 17:00 a 19:00, na Escola de Artes e Superior de Deseño Pablo Picasso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vero Rilo |

O Festival Atlántica comeza a súa sétima edición con máis actuacións e sedes ca nunca

Quico Cadaval |

A Gala Inaugural do Festival Atlántica celebra os trinta anos de Leilía con música e contos