in , ,

O FIOT de Carballo recibe o galardón Galego do Ano do Padroado Fogar de Bergantiños.

Crimenytelon |

O FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro), recibiu onte o Premio Galego do Ano que outorga o Padroado Fogar de Bergantiños.

Estes premios naceron pola iniciativa da Revista carballesa Mensaxe de Bergantiños no ano 1978, cando a redacción da mesma acordou instaurar estes galardóns para poñer en valor o esforzo de diversas persoas e entidades que traballasen polo desenvolvemento nos diferentes campos en Carballo, Bergantiños, Galicia, España e Internacionalmente.

O Festival Internacional Outono de Teatro celébrase en Carballo desde o ano 1992. Está organizado pola Asociación Cultural Telón e Aparte, coa colaboración do Concello de Carballo, e dirixido por Alberto Sueiro. Atrae a máis de dez mil participantes cada ano no mes de outubro.

Desde o seu inicio foi medrando de xeito exponencial tanto na calidade das programacións como na fidelización de público. Pola súa traxectoria, calidade da programación e a variedade das propostas de intermediación cultural que ofrece está recoñecido como un dos máis importantes festivais de Galicia, cun programa que vén ofrecendo unha trintena de obras e preto de 100 actividades paralelas.


Publicidade

Ovidio Rodeiro, o delegado da Xunta de Galicia na Coruña e encargado de entregar o premio,  destacou que durante este festival, que dura un mes enteiro, “Carballo convértese na capital das artes escénicas de Galicia, con máis dunha trintena de obras e máis de cen actividades programadas, o FIOT busca visibilizar tanto compañías de referencia como creadores emerxentes”.

O FIOT, que xa se converteu nun referente na difusión e visibilización das artes escénicas de Galicia, recibiu o ano pasado o Premio da Cultura Galega.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

BellyOfTheWhale |

O festival de circo contemporáneo Vaudeville Rendez-Vous volve en xullo

DespoisDasOndas4 |

Galicia Escena PRO comeza mañá en Compostela con seis espectáculos galegos