in

Marta Pazos, Laura Iturralde e Tito Asorey finalistas nos Premios ADE 2021

Tito Asorey, Marta Pazos, Laura Iturralde

A Asociación de Directores de Escena (ADE) comunicou aos finalistas a súa inclusión na listaxe de nomeados aos Premios ADE 2021. Así o fixo público nas súas redes sociais o director Tito Asorey, mediante unha fotografía da carta que recibiu da organización.


Asorey está nomeado na categoría de Dirección pola obra Fariña, producida por Nacho Carretero, Xose Antonio Touriñán e Ainé Producións. A obra, unha adaptación da popular novela de Carretero sobre o narcotráfico en Galicia, está a triunfar na capital madrileña. Conta con iluminación e videocreacións de Laura Iturralde, tamén finalista na categoría de iluminación.

Aparece entre os nomeados a mellor dirección, Marta Pazos, por Siglo mío, Bestia mía. A peza, con texto de Lola Blasco, estivo hai uns meses no CDN como parte das súas producións.

Queda por coñecer aos finalistas no resto de categorías, unha información que a ADE ainda non fixo pública aos medios e que se prevé que sexa nos vindeiros días.

Redacción

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Kirenia Danza

Aberta a convocatoria para as novas coproducións do Centro Coreográfico Galego

Susana Crespo de El Ruiseñor

Susana Crespo: “É incomprensible que o teatro non teña o seu sitio na ensinanza pública”