in

Culturactiva estrea ‘Conexión Pingüín’

Conexion Pinguin |

Será hoxe ás 20.30 horas no Auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo.

Conexión Pingüín é unha comedia sobre a incomunicación protagonizada por Luís Iglesia e Marcos Orsi con texto de José Prieto e producida por Culturactiva Producións. Tralo éxito de Sénior, os dous actores xúntanse de novo para meterse na pel de dous intrépidos montañeiros que tratan de chegar á Antártida.

A peza, que conta co apoio da AGADIC, a través das súas axudas á creación escénica, fala da incomunicación entre os seres humanos, un mal que fai estragos todos os días e a todas horas, pois  nesta era tecnolóxica, da conexión inmediata, da telecomunicación, nunca as persoas estiveron tan lonxe entre si. Trátase pois dunha reflexión cómica sobre a incomunicación na era da comunicación, nunha posta en escena que mestura neve polar, móbiles de última xeración, pingüíns no horizonte e, sobre todo, moito humor.


Publicidade

Por unha beira, os dous protagonistas trasladarán o público ao ano 1923, cando tivo lugar unha famosa expedición con rumbo ao Polo Sur. Por outra beira, a unha conferencia formal que, case un século despois, rememora e actualiza aquela fazaña antártica.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

In Between

In Between

Illas desertas

Illas desertas