Talía Teatro estrea esta fin de semana no Teatro Principal de Santiago a súa versión de Morte accidental dun anarquista, de Dario Fo, dirixida e adaptada por Cándido Pazó. Haberá unha función hoxe, venres 11 de marzo, e outra mañá, ambas ás 20.30 horas, no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Toño Casais, Dani Trillo, Xurxo Barcala, Rubén Prieto, Diego Rey, Artur Trillo e Marta Ríos conforman o elenco da montaxe, que afonda na aposta da formación polo teatro político como unha das súas liñas artísticas, da man dun dos textos claves do teatro contemporáneo.
O espectáculo insírese na proposta trianual coa que a compañía galega foi unha das primeiras adxudicatarias da nova modalidade de axudas posta en marcha en 2020 pola Agadic no marco das súas subvencións á creación escénica co fin de favorecer a continuidade de equipos e proxectos das empresas teatrais, e coa que xa puxo en escena A parábola do angazo, estreada o pasado mes de outubro.
- Sete persoas e entidades foron distinguidas nos IV Recoñecementos de Escena Galega das Artes Escénicas - 07/07/2026
- Moaña acolle a primeira edición do Festival Internacional das Culturas Mar da Illa de Samertolameu - 03/07/2026
- O Convento de Santa Clara acolle a Bienal de Artes Vivas de Pontevedra - 03/07/2026



