in ,

O CDG estrea a súa nova produción, ‘Ás oito da tarde, cando morren as nais’, de AveLina Pérez

275252163 10160160139383322 2923845971210508936 n 2 |
Imaxe de Miramemira

O Centro Dramático Galego, CDG, está a ultimar a súa nova produción, a montaxe de Ás oito da tarde, cando morren as nais, de AveLina Pérez, con dramaturxia e dirección de Marta Pazos, para a súa estrea o xoves da semana que vén, 14 de abril. A peza estará en cartel no Salón Teatro ata o día 1 de maio, con funcións os xoves, venres e sábados ás 20.00 horas, e os domingos ás 18.00 horas.

Ademais, os mércores 20 e 27 de abril haberá funcións descontraídas ás 18.00 horas.  A partir da segunda semana da peza en cartel, en todas as representacións estará en probas o novo sistema de linguaxe de signos, audiodescrición e sobretitulado. Ademais, o teatro porá ao dispor do público o programa de lectura fácil, en colaboración coa asociación FADEMGA Plena Inclusión.

Ás oito da tarde, cando morren as nais preséntase como “un canto coral sustentado no baleiro, un xogo irónico sobre a relación entre o teatro e a súa recepción”. Nel, “a procura da identidade individual, amparada na masa superficial e ignorante, que presume de coñecementos inútiles, amósase indecente. Nun teatro, lugar (supostamente) de encontro, asistimos ao espectáculo da estupidez. E debaixo de todo o insultante: nós. Tan pequeniños, tan perigosos…”.

O texto de AveLina Pérez gañara o Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais, convocado pola Agadic, na edición de 2018, e está publicado en coedición con Edicións Xerais de Galicia dentro da colección Biblioteca Dramática Galega.

 


Publicidade

Ficha artística e técnica

Texto: AveLina Pérez

Dirección e dramaturxia: Marta Pazos

Elenco: Camila Bossa, Sabela Domínguez, Xosé Manuel Esperante, Davide González, María Llanderas, Alba Loureiro e Toni Salgado.

Movemento: Rut Balbís
Espazo sonoro: Hugo Torres
Iluminación: Nuno Meira
Escenografía: Blanca Añón
Vestiario: Pier Paolo Álvaro
Caracterización: Esther Quintas
Asistencia de dirección: Iria Azevedo
Asistencia de escenografía: Pablo Chaves Maza
Asistencia de vestiario: Roger Portal Cervera
Asistencia de produción: Xandre Vázquez

REALIZACIÓNS:
Vestiario: Equipo técnico do CDG
Coordinación e corrección de textos | Asesoría lingüística: Rosa Moledo
Fotografías e vídeos: Miramemira
Deseño gráfico: Trisquelia
Accesibilidade LSE: Los Últimos – Inclusión

Duración: 75 min.
Espectáculo recomendado para maiores de 12 anos

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Man Up Teatro en Vilo

Man Up

Cartoturxia incompleta da represión

DramaturGA presenta o libro ‘Cartoturxia incompleta da represión’ en Santiago e Vigo