in , ,

Atalaya Teatro gaña o Premio do Público da MITCFC por ‘El avaro’

A segunda e terceira obra máis votadas foron ‘In petto’ e ‘Los días ajenos de Bob Pop’

El Avaro Atalaya MITCFC
'El Avaro', de Atalaya Teatro. Imaxe da MITCFC.

A compañía andaluza Atalaya Teatro, que este ano está a celebrar o seu 40 aniversario, recibiu o Premio do Público desta tamén 40ª edición da Mostra. Este recoñecemento é froito das votacións anónimas que os espectadores e espectadoras poden emitir ao final de cada obra no Auditorio. Ao rematar o espectáculo, o público ten á súa disposición uns papeis co nome da obra dese día cunha puntuación do 1 ao 5 para que fagan a súa valoración. Despois de puntuar, teñen que introducir o papel nunha urna, que permaneceu pechada até a finalización de todos os espectáculos representados no Auditorio, o sábado 8 de xullo.

El avaro recibiu unha valoración de 4,94 puntos sobre 5. A segunda e terceira obra máis votadas polo público foron, respectivamente, In petto, de Okidok, cunha valoración de 4,85 puntos; e Los días ajenos de Bob Pop, de El Terrat), con 4,79 puntos.

El avaro é unha das obras mestras de Molière e un dos seus últimos textos. A obra amosa o lado máis mesquiño e egoísta do ser humano, onde se levan ao extremo os problemas xerados polo diñeiro e o poder, o que resulta, lamentablemente, de notable actualidade. Ao tempo percíbese o maltrato que Harpagón propina aos seus empregados e o seu exacerbado sexismo. Con oito actores e actrices en escena, o espectáculo enmárcase nos grandes proxectos da compañía, e máis en concreto, entre os que se presentan en clave de musical.


Publicidade

Carmen Gallardo, Silvia Garzón, Selu Fernández, María Sanz, Enmanuel García, Garazi Aldasoro, Raúl Vera e Lidia Mauduit conforman o elenco de actores e actrices da obra, dirixida e adaptada por Ricardo Iniesta.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

José Malhoa, Festejando o São Martinho ou Os Bêbados, óleo sobre tela, 1907. Museu José Malhoa, Caldas da Rainha.

O voto

'Calvário' de Rodrigo Francisco. Companhia de Teatro de Almada. Foto: Patrícia Mateus.

‘CALVÁRIO’ de Rodrigo Francisco | Companhia de Teatro de Almada