in

A Rede Galega de Teatros e Auditorios ofrece 328 actuacións e 18 estreas até xuño

Omelnoncaduca02 |
O circuíto que promove a Xunta en colaboración con 45 espazos escénicos de toda Galicia arranca hoxe en Lugo a súa programación semestral co espectáculo de danza Mercedes mais eu, protagonizado por Janet Novás e Mercedes Peón. | Foto: Diego Seixo (O mel non caduca, de Ibuprofeno Teatro) |

 

A Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA) reinicia a súa actividade coa posta en marcha da súa primeira carteleira semestral de 2020, que ata o mes de xuño ofrecerá 328 actuacións escénicas e musicais en 45 escenarios de 40 localidades. A primeira delas será a que protagonizarán a coreógrafa e bailarina Janet Novás e a música Mercedes Peón hoxe venres, ás 20:30 h., no Auditorio Gustavo Freire de Lugo co espectáculo de danza Merecedes máis eu, inserido á súa vez no ciclo Lugo en Danza.

O orzamento do circuíto para este primeiro período de programación anual é de 1 millón de euros, que se destina a financiar as actuacións das 111 formacións artísticas contratadas, galegas na súa meirande parte. Este ano súmase á rede, por vez primeira, o Auditorio de Goián, en Tomiño.


Publicidade

Algúns destes especáculos son estreas: a primeira será a de Carabela, de Galeatro, que terá lugar o 19 de xaneiro no Pazo da Cultura de Carballo. Seguiranlle O candil, de Escola Galega de Teatro Musical (24 de xaneiro no Fórum Metropolitano da Coruña); O mel non caduca, de Ibuprofeno Teatro (31 de xaneiro no Teatro Principal de Santiago); As virxes salvaxes, de Teatro do Noroeste (15 de febreiro no Auditorio Municipal de Vilagarcía); A conquista da escola Madhubai, de Teatro do Atlántico (28 de febreiro no Pazo da Cultura de Narón); Os nenos da varíola, de Pérez & Fernández (28 de febreiro, no Teatro Principal de Compostela); Microspectivas dun marica millennial, de Incendiaria (14 de marzo, Auditorio Municipal de Cangas); Dreaming Juliet, de Elefante Elegante (20 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña); Pika, de Cinema Sticado (21 de marzo no Auditorio Municipal de Cangas); O mozo da última fila, de Redrum Teatro (16 de abril no Principal de Santiago), e Thesaurus, de Ánxela Blanco (25 de abril no Teatro Rosalía da Coruña).

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

RuinedTheatre |

O camiño da extinción

IMG 3862 |

Cámara Negra estrea ‘Si esto es un hombre’, de Primo Levi