in ,

‘História da Dança’, ‘República Sideral’ e ‘Ese silencio’ entre os nomeados nos Premios do Libro Galego

Premios Follas Novas
Avelina Pérez, Afonso Becerra, Carme Varela, Esther F. Carrodeguas e Cándido Pazó

Os premios Follas Novas do Libro Galego veñen de completar a primeira fase de selección da edición deste 2022, a resultas da cal son candidatos aos premios seis títulos por categoría entre as que destacan: ensaio e investigación, divulgación, narrativa, infantil, xuvenil, libro ilustrado, banda deseñada, inicitativa bibliográfica, tradución, poesía, teatro e libro mellor editado.

En total, máis de setenta títulos son candidatos aos premios Follas Novas nas doce categorías trala primeira fase de selección realizada polo xurado destes galardóns. O propio xurado escollerá na seguinte fase a tres finalistas e, na última, os títulos gañadores en cada unha das categorías. Os resultados destes premios daranse a coñecer na Gala que terá lugar no Teatro Principal de Santiago o vindeiro 7 de maio.

Os nomeados na categoría de teatro son as obras As desterradas, de Carme VarelaDFW nas profundidades da tristeza infinita / As cancións que lles cantaban aos cativos, de Raúl Dans; Ese silencio, de Avelina Pérez; Fillos do sol, de Cándido Pazó; Identidade, de Nee Barros Fernández e República Sideral, de Esther F. Carrodeguas.


Publicidade

A danza e a súa divulgación tamén ten oco nos Follas Novas co nomeamento de História da Dança Contemporânea na Galiza, de Afonso Becerra de Becerreá (Através Editora) na categoría de ensaio e investigación.

Os premios Follas Novas están organizados pola Asociación de Escritoras e Escritoras en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia. Coas novidades introducidas para esta edición, as tres organizacións convocantes dos galardóns fixeron unha proposta inicial que superou o centenar e medio de títulos, ampliando o número de obras participantes sobre edicións anteriores. Sobre esa proposta, o xurado fixo a selección para escoller os seis títulos candidatos en cada categoría, ademais das categorías de Iniciativa de fomento da lectura, Proxecto literario na rede e Xornalismo cultural.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Alma de tigre © Vanessa Rabade 1 |

Elefante Elegante estrea ‘Alma de tigre’

Imaxe artigo 20 |

Os lugares pequenos