in

Melania Cruz e Tito Asorey estrean ‘Continente María’ sobre a vida de María Casares

Melania Cruz en Continente María
Melania Cruz en 'Continente María' Imaxe: Aigi Boga

O Teatro Rosalía de Castro da Coruña acolle o luns 16 de maio a estrea de Continente María, unha montaxe sobre a vida da actriz María Casares. A produción deste espectáculo sobre María Casares elixiu a cidade natal da actriz galega máis universal para celebrar unha das estreas máis esperadas dentro dos actos de celebración do seu centenario.

O espectáculo procura achegar ao público galego a figura da icónica actriz coruñesa que acadou a fama internacional nos escenarios e cinemas franceses. Conta para iso cun equipo artístico internacional composto, por Tito Asorey e Melania Cruz, o compositor e multiinstrumentista bielorruso Vadim Yukhnevich e a dramaturga uruguaia Marianella Morena.

Este espectáculo “non é só unha obra histórica ou biográfica, tamén é unha peza que nos fala dende e sobre o noso presente”, explica o director, Tito Asorey, aludindo ao conflito actual na Ucraína. Sobre as táboas estarán a actriz Melania Cruz, quen sinte unha gran responsabilidade ao “traer de volta a través do seu corpo a María Casares” e o músico bielorruso Vadim Yukhnevich, quen di “viaxar aos seus adentros mediante esta obra e reflexionar con ela sobre o seu propio exilio”.


Publicidade

Posteriormente á estrea na Coruña, Continente María estará en cartel no Salón Teatro de Santiago de Compostela do día 19 ao 29 de maio. O mércores 18, presentaránse estas funcións no propio Salón Teatro coa presenza de Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Cultura da Xunta de Galicia; Jacobo Sutil, Director da Agadic; Fran Núnez, Director do CDG; Tito Asorey, director de Continente María; Melania Cruz, protagonista da obra e Xosé A. Touriñán, produtor do espectáculo. 

A obra, producida por Ainé e A Quinta do Cuadrante en coprodución co Concello da Coruña e o Centro Dramático Galego, conta co deseño da escenografía de José Faro “Coti”, e iluminación e vídeoproxeccións de Laura Iturralde. O deseño de vestiario corre a conta de Laura Baena. 

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Credo de Nova Galega de Danza

‘Credo’, unha viaxe polo Camiño de Santiago da man de Nova Galega de Danza

Constantes do porvir

Da danza ás ‘Constantes do porvir’