in ,

‘Ás oito da tarde’ recibe o Premio Max a mellor vestiario para Pier Paolo Alvaro

Esther F. Carrodeguas quedou finalista a mellor autoría por ‘Supernomales’

cdg ás oito da tarde 780x444 1 |
Imaxe de Miramemira

Pier Paolo Alvaro acada o Premio MAX a mellor vestiario pola producción do CDG, Ás oito da tarde, cando morren as nais. Durante a gala de premios celebrada en Cádiz, Alvaro quixo agradecer ao CDG a oportunidade, así como a todo o elenco e xastras do equipo.

O Centro Dramático Galego (CDG) estreou a montaxe Ás oito da tarde, cando morren as nais, con dirección e dramaturxia de Marta Pazos, no Salón Teatro de Santiago de Compostela en abril de 2022. A montaxe levou a escena o texto da dramaturga AveLina Pérez galardoado co Premio Álvaro Cunqueiro en 2018 e contou con Camila Bossa, Sabela Domínguez, Xosé Manuel Esperante, Davide González, María Llanderas, Alba Loureiro e Toni Salgado no elenco.

En palabras de Marta Pazos, a posta en escena, na que se reproduce unha sala teatral, “pretende recoller a loucura que hai detrás da obra de AveLina Pérez”, de xeito que o público “é o protagonista e a actriz preséntase como público do propio público”.

O equipo artístico estivo integrado por Rut Balbís, como responsable do movemento, Hugo Torres, do espazo sonoro, Nuno Meira, da iluminación, Blanca Añón, da escenografía, e Esther Quintas, encargada da caracterización. Nas asistencias, Iria Azevedo, na de dirección, Pablo Chaves Maza, na de escenografía, Roger Portal Cervera, na de vestiario, e Xandre Vázquez, na de produción.

Supernormales CDN


Publicidade

‘Supernormales’ acada a mellor dirección

A dramaturga Esther F. Carrodeguas finalmente non acadou o Premio MAX 2023 na categoría de mellor autoría teatral pola obra Supernormales. A produción do Centro Dramático Nacional se enfronta aos prexuizos sobre as persoas con diversidade funcional. Unha peza que se caracteriza por un humor negro moi ácedo e grandes doses de incorrección política. A obra foi escrita grazas as residencias dramatúxicas do CDN e está dirixida por Iñaki Rikarte, que acadou o MAX a mellor dirección.

Tras o éxito acadado, a Supernormales volveu á programación do CDN e fará unha pequena xira en outono, chegando a estar na programación do Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

Carrodeguas, nestes premios, enfróntábase a Jesús Muñoz e Pau Pons por Eclipse total, que resultaron vencedores, e a María Goiricelaya Burón pola polémica Altsasu.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Cris, la pequeña valiente

Tras da pegada dun teatro infantil LGTBQ+

Mesa de danza da Rede estatal de Teatros Alternativos, na 36ª Dansa València.

Arrinca a 36ª Dansa València, a cita estatal de referencia no sector