in

Colectivo Glovo convoca as residencias Atopémonos bailando 2024

Están dirixidas a profesionais da danza e das artes do movemento

EMNA colectivo glovo
'EM·NA', de Colectivo Glovo. Fotografía de Xaquín Silva.

Colectivo Glovo, en colaboración coa Área de Cultura, Turismo e Lingua do Concello de Lugo, e co apoio da Agadic, vén de presentar as bases da terceira convocatoria de residencias artísticas e de investigación Atopémonos bailando para profesionais de danza e artes do movemento.

Poden presentarse profesionais de danza e artes do movemento con sede en España e/o Portugal a presentar os seus proxectos para a realización de 8 residencias artísticas e/o de investigación (exclúense residencias técnicas) para ser realizadas entre os meses de abril a novembro de 2024 (cinco delas en Lugo, no Museo Interactivo da Historia de Lugo, MIHL, e tres en réxime de intercambio con estruturas de Portugal e Costa Rica).

O programa de residencias artísticas e de investigación Atopémonos bailando 2024 posibilita tamén o intercambio de tres das residencias seleccionadas a través desta convocatoria con outros tres programas de residencias internacionais. Estes intercambios son froito das colaboracións entre as residencias con entidades de Portugal e Costa Rica.


Publicidade

O período de presentación de solicitudes rematará o 10 de marzo de 2024 ás 23:59 horas CET. As residencias poderán desenvolverse entre o 1 de abril e o 30 de novembro de 2024, e cada residencia realizada en Lugo poderá ter unha duración de entre 5 e 10 días. A residencia en intercambio con Costa Rica, no Taller Nacional de Danza, desenvolverase ao longo de 15 días, nos meses de outubro e novembro de 2024, e as dúas residencias de intercambio con Portugal (no Teatro Experimental Flaviense – Cinema-Teatro Bento Martins – Chaves e  na 32.ª Quinzena de Dança de Almada, respectivamente) durarán 7 días cada unha, a primeira entre abril e novembro, e a segunda entre o 27 de setembro e o 5 de outubro deste ano.

Consulta aquí as bases completas das Residencias Atopémonos Bailando 2024

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Entrega en man. Imaxe de Diego Seixo.

Entrega en man

A Oficina. GUIdance 2024. Gaya de Medeiros 'Atlas da Boca'

Atlas da boca