in ,

Arranca o Festival Transfronteiriço de Teatro Amador – PLATTA en Viana do Castelo

PLATTA
Fotografía de La Nómada Teatro

Esta finde semana, do 8 ao 10 de outubro, decorrerá na localidade portuguesa a cuarta edición do festival de teatro amador, promovido polas agrupacións de compañías de Galicia, Castela e León e o Teatro do Noroeste-Cendro Dramático de Viana.

Unha nova edición do Festival Transfronteiriço de Teatro Amador – PLATTA decorrerá esta finde semana de outubro no Teatro Sá de Miranda de Viana do Castelo. O PLATTA forma parte dos tres festivais anuais que se celebran en Zamora (Castela e León), Galicia e Portugal.

Promovido por Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana na súa cuarta edición, o Festival PLATTA abre con Milagre no Convento de Santa Maria Joana da ATAL (Associação de Teatro Amador de Lanheses), de Viana do Castelo, este venres, 8 de outubro, ás 21.00 h.

Durante todo o sábado, tres grupos de catro actores e actrices de Portugal, Castela e León e Galicia, dirixidos respectivamente por directoras e directores destes lugares, prepararán a lectura dramatizada nas tres linguas da obra premiada no III Premio PLATTA de Teatro Breve: 13 de maio, de Carlos Alves.

Así mesmo, durante esta xornada, celebrarase a reunión da Mesa PLATTA, integrada polos representantes da FETATyL (Federación de Grupos Aficionados de Teatro de Castilla y León), FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado), Teatro de Noroeste -Centro Dramático de Viana-TEIA (Teatro em Inicitativa Associativa) e a erregueté | Revista Galega de Teatro, parceiros e promotores deste festival.


Publicidade

A xornada do sábado rematará, ás 19.00 h, coa compañía La Nómada Teatro, de Salamanca, que representará La Princesa Constante.

O domingo, 10 de outubro, ás 12.00 h, será o momento das Leituras Encenadas do texto de Carlos Alves. A cuarta edición do Festival PLATTA terminará ás 16.00 h coa presentación de Balbordo, de Cavort Teatro, de Santiago de Compostela.

Todos os espectáculos teñen entrada gratuíta, previa recollida na billeteira do Teatro Municipal Sá de Miranda.

AF cartaz A3 724x1024 1 |

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Festina Lente

Festina Lente

The witch de Diana Sieira

Diana Sieira estrea ‘The Witch: un espectáculo ritual’ na Coruña